sábado, 6 de noviembre de 2010






















Este luns, primeiro de novembro, faleceu o oleiro e músico de Bonxe, Indalecio Lombao Gómez.
Adicou a súa vida a conservar a tradición oleira da que foi representante durante moitos anos, ata que a súa filla, Pepa Lombao, decidiu continuar co seu legado. Actualmente, ó carón da casa familiar, na parroquia de Bonxe, érguese o Taller Oleiro de Pepa, visitable de luns a sábado, dende as 10.00 da mañá ata ás 21.00 horas.
A súa labor foi recoñecido por diversas autoridades na materia, como Luciano García Alén, estudioso da cerámica galega, polo escritor tamén chairego Manuel María, polo Centro de Diseño e Arte de Lugo, merecendo a mención de Chairego do Ano concedido pola Mancomunidade da Terra cha no 2006.
Ademáis dun excelente músico, Indalecio destacou sempre polo amor que poñía na súa obra, e na xente que o ía visitar.
A súa despedida foi dunha entrañable acollida, xente de moi diversos lugares acercáronse para despedir a esta figura da artesanía galega, que foi conveciño, artista e amigo de todos.
A familia agradece todos os xestos de cariño que recibiron durante estos días. Sen dúbida Indalecio pasará a formar parte da nosa historia.

5 comentarios:

  1. Quero expresar o meu máis sentido e emocionado pesar por quen foi nunha época da miña vida inspiración e consolo e mestre na alta arte da olería de Bonxe e que eu torpe e timidamente achegueime a ela dende as súas mans, as mans abertas dun manancial que ofrecía antes de pedirlle nada e acolleume como a outros e outras na súa casa ofrecéndonos o mellor que tiña que non era outra cousa que il mesmo. A súa persoa.
    Unha aperta fraternal para toda a súa familia e o desexo de que a súa obra perdure no tempo .
    Enrique Leirachá.

    ResponderEliminar
  2. A grandeza dalguhas persoas asómase no xeito que teñen de sorir... esos sorisos procedentes directamente da alma cheos de contido e significado, ó avó enchíaselle de luz cada recuncho
    da súa expresión cando o facía... era tremendamente accesible a todos e estaba dotada de esa perpetua curiosidade por todo que o facía ser unha persona intelixente dende a humildad, gran conversador, idealista, soñador... coñecía tólos idiomas do mundo... por que podía traducilos ó idioma que el chamaba universal nas súas partituras...
    Eu defíniriao con dos palabras: "respeto" por que sempre tratou a tódala xente que se topou con respeto gañándoo para sí por xustiza e "liberdade" por que foi unha persoa moi libre, adicouse o que lle apoixoaba e estaba tan enchido de liberdade e paixon que tiña moitísimo que ofrecer ós demais...
    As veces ó mundo regálanos persoas coma el, deixanos un referente impagable, cheo de ternura e consellos...
    Temos que sentirnos afortunados por compartir o seu adn, e aínda que solo un pedaciño del quede en nos, seremos sobre todo e ante todo boas persoas... que eso é o final do que se trata...

    Belen Lombao

    ResponderEliminar
  3. siento mucho la pérdida de esta entrañable persona, un gran amigo y gran artista que será siempre recordado con mucho cariño

    alfredo rodríguez, cádiz

    ResponderEliminar
  4. só pasaba polo blog a saudar, un bico poeta

    adela

    ResponderEliminar
  5. Os Lombao...moi boa xente. Unha aperta para todos.

    F.G.

    ResponderEliminar

Buscar neste blog